Ribeira

Un total de 21 ofertas presentadas ás obras de reordenación do malecón en Riveira

Finalizado o prazo de presentación de ofertas resultaron ser 21 o número de empresas interesadas en realizar as obras de reordenación da avenida do Malecón e de pavimentación da zona infantil do parque García Bayón en Riveira: unha actuación cuxo orzamento ascende a case un millón de euros (998.435,01 euros) e o seu prazo de execución dun máximo de oito meses.

O proxecto técnico elaborado polos servizos municipais ten como obxectivo fundamental reordenar a avenida do Malecón dando preferencia ao peón fronte ao vehículo e conferindo aos vais o carácter urbano que lles corresponden. Prevese ademais a execución dun carril bici que una o existente no paseo do Touro co do paseo de Coroso dando así continuidade ao mesmo ao longo da fachada marítima do casco urbano.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.