O Concello informa do inicio dunha nova actuación destinada á renovación de servizos dun vial situado no lugar de Parte ao Río, na parroquia de Carreira.
Esta actuación está sendo executada pola empresa Excavaciones Abelleira, S.L., e ten un orzamento de 24.575,10 euros. O seu prazo de execución son 2,5 meses.
Conforme ao proxecto técnico elaborado polos servizos municipais, as obras están dirixidas a renovar os deficitarios servizos de auga potable e saneamento e á construción dunha rede de augas pluviais (a día de hoxe se recollen en cunetas, o que estreita o vial).