Ribeira

O centro Lustres Rivas albergará a presentación de “Noite de temporal”, novela que recrea a traxedia do Santa Isabel

O salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas vai acoller o vindeiro xoves 18 de xaneiro ás 20.30 horas a presentación do libro “Noite de Temporal”, escrito por Manuel Núñez Singala, novela de non ficción que recrea a traxedia do Santa Isabel na illa de Sálvora.

O evento está organizado polo Concello de Riveira en colaboración coa Asociación Cultural Barbantia e coa editorial Oqueleo.

O acto será presentado polo escritor Antón Riveiro Coello, quen tamén manterá unha breve conversa pública con Núñez Singala. Tamén están previstas as intervencións de Ana María Guerra, directora da editorial Oqueleo, e dun representante municipal.

As persoas que asistan á presentación levarán de balde un exemplar da novela a modo de agasallo. O acceso é libre e gratuíto.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.