Ribeira

Comeza a ampliación da rede de saneamento no lugar da Eirexa na parroquia de Olveira

O Concello de Riveira informa da do inicio dunha nova actuación dirixida a ampliar a rede de saneamento no lugar da Eirexa, pertencente á parroquia de Olveira.

Valorada en 5.626,50 euros, IVE incluído, as obras que acaban de comeza teñen por obxecto instalar un colector para poder dar servizo de saneamento aos veciños do entorno, xa que actualmente carecen desta infraestrutura municipal. Así e logo, colocarase unha tubaxe de PVC liso de 70 metros de longo e 250 milímetros de diámetro que será conectada á rede existente. Tamén se disporán tres pozos de rexistro circular.

A actuación está sendo executada pola empresa Excavaciones Nima, S.L..

https://www.youtube.com/watch?v=vOYW2oXc9Mw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.