Galicia

Román Rodríguez sinala o viveiro de empresa do CIFP Valentín Paz Andrade como unha oportunidade de crecemento para a cidade de Vigo e a súa economía

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria visitou hoxe o recén estrenado viveiro de empresa do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Valentín Paz Andrade, un dos sete espazos deste tipo que o seu departamento puxo en marcha no ano 2017. Román Rodríguez sinalou este viveiro como unha oportunidade de crecemento para toda a cidade de Vigo e para a súa economía.
O conselleiro salientou que seis dos proxectos formados e asesorados nos últimos anos en viveiros de empresa de centros educativos vigueses xa funcionan fóra deles como compañías mercantís.

Neste sentido o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia explicou que nestes espazos os estudantes e titulados poden poñer en marcha as súas ideas de negocio co asesoramento gratuíto de profesionais na materia en cada fase de creación da empresa e ofrécenselle contactos con emprendedores para o intercambio de experiencias. Ademais de estar arroupados pola comunidade educativa, os viveiristas acceden a este espazo de balde. Deste xeito, favorécese a empregabilidade da mocidade, o emprendemento e o crecemento do tecido produtivo da cidade da oliveira.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.