A A.B.E. e concello presentan o iv pecha kucha boiro

A sede da A.B.E. foi o lugar elixido para a presentación dun dos eventos mais innovadores que se celebran na comarca, trátase da IV edición do Pecha Kucha Boiro que terá lugar o vindeiro xoves no salón de actos da A.B.E.

A ABE ven apostando nos últimos anos pola idea de que a conxunción entre cultura e empresa pode ser un aliado á hora de favorecer a creación de iniciativas empresariais sostibles e rentables.

Pecha Kucha é un espazo onde oradores de diversas disciplinas expoñen súas ideas e proxectos. Un evento que dende 2003 celebrouse en máis de 400 cidades de todo e que celebramos en Boiro a súa primeira edición en febreiro de 2012.

Da presentación do evento encargáronse o presidente da patronal Óscar España e o alcalde de Boiro Juan José Dieste.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.