A só tres xornadas do Día Internacional da Muller Traballadora as mariscadoras do Barbanza admiten que se sinten en igualdade de condicións que os homes.
O pasado mércores a lonxa de Cabo de Cruz amosaba unha gran cantidade de mulleres mariscadoras que acababan de vir do mar, concretamente de traballar na zona de Mañóns. Entre varias decenas de mulleres tan só había un home.
A presidenta das mariscadoras da Cofradía de Cabo de Cruz explicou que as mulleres e ios homes están a desenvolver traballos moi diferentes pero de igual importancia e que no seu día a día non se ven discriminadas.
http://youtu.be/ZHh39qt30uI