Galicia

Turismo de Galicia impulsa novas axudas para a renovación de establecementos e amplía as subvencións para os concellos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe en rolda de prensa as novas liñas de axudas do seu departamento para o ano 2018, que superan en conxunto os 5 millóns de euros. Trátase de oito programas de subvencións dirixidos ao sector turístico da Comunidade, ás entidades locais e a diversos colectivos que inclúen numerosas novidades e amplían o alcance da pasada edición.
Unha das novas apostas da Xunta de Galicia será o plan de renovación de establecementos de aloxamento, cun investimento de 500.000 euros dirixido a estimular, con ata o 35% do custo, a remodelación e modernización das súas instalacións, o que incrementará a calidade do servizo que prestan. No eido privado, tamén se incentivará a cooperación entre pequenos operadores, de xeito que deseñen e comercialicen produtos turísticos innovadores conxuntamente.
Para afondar na colaboración coa administración local, Turismo de Galicia amplía os fondos dirixidos a concellos, mancomunidades ou xeodestinos, entre outros. A liña para melloras nas súas infraestruturas incrementase en 1 millón de euros ata os 2,5 millóns.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.