Galicia

A Xunta pecha o 2017 cun investimento de 4,5 millóns de euros nas reestruturacións parcelarias da provincia da Coruña

A provincia da Coruña recibiu neste 2017 ata 4.583.393 euros da Consellería do Medio Rural para investir nos procesos de reestruturación parcelaria abertos. En total 23 zonas beneficiáronse destas achegas para avanzar nas distintas fases nas que se atopan as concentracións.

Os orzamentos van dende os 1.815 euros para chegar ao acordo firme da reorganización de Couso, en Coristanco, ata os máis de dous millóns de euros que se investiron en Santa María de Trazo, no concello do mesmo nome, co que se logrou obter xa as bases definitivas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.