As ofertas de emprego público deste ano multiplican por catro ás do ano pasado

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe tras o Consello a aprobación definitiva das Ofertas de Emprego Público correspondentes a este 2015, tanto para a Administración autonómica como para a Educación pública.

Máis polo miúdo, e no ámbito da Función Pública, Feijóo destacou que a Administración autonómica saca a oposición 373 prazas, o que supón “sete veces máis que o ano 2014”. Ademais, destacou que é a maior oferta que fai a Xunta desde o ano 2008.

O responsable do Goberno galego salientou que o obxectivo é reforzar a loita contra a fraude fiscal, os órganos especializados da Administración –como as escalas de gardacostas ou de veterinarios- e os servizos sociais, entre outras áreas.

Deste xeito, ofértanse: 239 prazas para os distintos niveis do corpo; 102 para a Administración; e as 32 prazas restantes destínanse a cubrir dúas categorías de persoal laboral, as de auxiliar de enfermería e ordenanza.

Do total de postos ofertados nesta OPE, 265 prazas serán de acceso libre e 108 para promoción interna. E, con respecto á reserva de prazas para persoas con algún tipo de discapacidade, Feijóo destacou a aposta por manter a porcentaxe do 7% das vacantes, ao que engadiu que, como novidade, por primeira vez na historia da Autonomía haberá unha reserva de prazas específica do 2% para a discapacidade intelectual.

No eido da Educación pública, o responsable autonómico destacou as 446 prazas para as oposicións a mestres e inspectores. Trátase de 432 prazas para todas as especializades do corpo de mestres, agás de francés, e outras 14 prazas para o corpo de inspectores de Educación.

http://youtu.be/Bs37KQaQIQw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.