Con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, o Concello de Ribeira vai homenaxear este domingo 8 de marzo ás presidentas das asociacións do municipio.
O Concello pensou en render este tributo en honor ao labor desinteresado destas mulleres, en aras ao progreso social, cultural e educativo do noso pobo dende as máis diversas facetas.
O acto desenvolverase ás 17.30 horas no Auditorio Municipal e comprenderá tamén un espectáculo de maxia antes do momento das homenaxes.
No transcurso do evento realizarase un tributo especial a título póstumo a dúas loitadoras que recentemente nos acaban de deixar: quen foi presidenta do Club de Xubilados de Ribeira, Manola Romero, e presidenta da Asociación Española de Loita contra o Cancro en Riveira, Ana Sampedro.
http://youtu.be/CUdK4A9VPIk