2Galicia

Un total de 50 PEMES benefícianse das axudas para a mellora da transformación dos produtos do mar

Un total de 50 pequenas e medianas empresas resultaron beneficiarias da convocatoria de 2017 das axudas para investimentos que redunden en melloras na transformación dos produtos da pesca, do marisqueo e da acuicultura. Así o anunciou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, na Pobra do Caramiñal, durante unha visita realizada esta mañá á empresa de servizos loxísticos frigoríficos Alimentos Cruz del Sur (Alicrusa), unha das beneficiadas.
A titular de Mar explicou que estas axudas aprobadas e cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, supoñen un valor de máis de 8,3 millóns de euros e súmanse ás cifras da convocatoria de 2016, da que se beneficiaron 28 empresas por un importe superior aos 4 millóns de euros.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.