O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, gabou hoxe o compromiso dos concellos que antepoñen o interese de todos os cidadáns da área de Vigo e únense para facer realidade o transporte metropolitano.
Durante a sinatura do Convenio de colaboración do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo, Feijóo salientou que: “Doce concellos e Xunta acabamos de asinar un compromiso: beneficiar entre os doce concellos aos catorce municipios da comarca.
Nesta liña, resaltou que esa aposta tradúcese nun investimento de 12 millóns de euros -o 80% financiado pola Xunta e o 20% polos concellos- cun único obxectivo: abaratar o custe do transporte ao veciños. Procurando que as cidades sexan máis limpas, que o tráfico sexa máis fluído e que as persoas poidan acceder con maior facilidade.
http://youtu.be/GNL-wbScAQI