Durante o acto de posta en servizo desta infraestrutura, o presidente da Xunta subliñou que a cidade está desde hoxe moito mellor preparada para exercer o seu histórico papel de lugar de encontro, de fin do camiño e de punto de partida desde o que descubrir Galicia.
O titular da Xunta salientou que esta infraestrutura supón un investimento moi importante, xa que se atopa por riba dos 80 millóns de euros. “Supón un antes e un despois para a conectividade de Santiago”, aseverou.
Así mesmo, destacou que o Goberno de España está a demostrar que entende a cidade de Santiago, ao reforzar con esta infraestrutura o papel de Compostela como gran centro das comunicacións viarias de Galicia. A este respecto, sinalou que os preto de nove quilómetros de autoestrada ampliada funcionarán como un nó de comunicacións con capacidade para prestarlle servizo ao conxunto de Galicia.