Varias decenas de armadores de a pobra irán ao paro debido ao peche do libre marisqueo

O patrón maior da Pobra do Caramiñal, Juan Miguel Iglesias, deu a coñecer esta mañá a difícil situación pola que están a pasar os mariñeiros do concello.

Os pósitos están á espera de que o ISM analice tódalas solicitudes presentadas para poder presentar recursos e que os mariscadores poidan acollerse á prestación por desemprego.

O Instituto Social da Mariña continúa revisando as solicitudes presentadas polos pósitos arousáns para poder acollerse ó paro polo peche do libre marisqueo. Das aproximadamente 400 embarcacións que o solicitaron, ó redor dunhas 194 foron xa aceptadas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.