A Rede de Dinamización Lingüística, entidade á que pertence o Concello de Riveira desde 2011, convída a veciños e veciñas un ano máis a celebrar estas festas no noso idioma e ofrece para iso actividades e recursos propios do Nadal.
María do Ceo ofrecerá este sábado ás 18 horas no Auditorio Municipal o concerto “Cancións para nenas e nenos”, no que vai interpretar os temas deste seu primeiro traballo de música infantil. No recital cantará un tema dedicado á “Galiña azul” de Carlos Casares, co que despediremos estas celebracións de Nadal co autor homenaxeado no Día das Galegas 2017, ademais doutros moitos temas como “Parabéns para ti” ou “Nana para arrolar”.