Dúas persoas foron detidas esta mañá en Taragoña pola presunta relación con un intento de secuestro en Boiro. Tratase de unha parella que vive no lugar de Outeiro.
O home, Enrique Abuin Gey alias “Chicle” ten 41 anos anos, conta con antecedentes por tráfico de drogas e por unha agresión sexual. Precisamente o intento de secuestro dunha moza de Boiro o dia de Nadal foi o que levou á Garda Civil á detención de este individuo, que xa era un dos principais sospeitosos no caso da desaparición da moza madrileña, o 22 de agosto do 2016 na Pobra do Caramiñal.