As persoas con discapacidade poden realizar gran parte dos mesmos traballos que fan o resto de cidadáns, se se lle da a oportunidade, asi o demostraron este ano doce usuarios da Asociación Amicos que, a través da empresa Servizos EIL, lograron un contrato de traballo.
A empresa de inserción laboral Servizos EIL opera sobre todo no campo das labores forestais, limpezas de xardíns, sinalizacións e rehabilitacións de patrimonio. Tres concellos da comarca (Rianxo, Ribeira e A Pobra do Caramiñal) e o Parque Nacional das Illas Atlánticas contratáronlle este ano diversas labores deste tipo. Cinco persoas estiveron contratadas para as citadas labores na administración local.