A final desta XXXV Edición da Copa Galicia de Voleibol estivo precedida dunha emotiva homenaxe a Agustín Mourís, un membro moi querido na familia do voleibol, recentemente falecido. De forma previa á gran final de Copa, ás 17.00 horas, tivo lugar a cerimonia de cambio de nome do pavillón Municipal na que estiveron presentes a familia do homenaxeado, xunto co alcalde de Noia, Santiago Freire, o concelleiro de Deportes, Xuventude e Tic’s, Ramón Santos e o presidente da Federación Galega de Voleibol, José A. Luna Bargo. Tras descubrir a nova placa ante un emocionado e numeroso público congregado para lembralo, o Municipal pasou a chamarse Agustín Mourís antes de disputar a gran final do torneo.
Related Posts
O PORTUS APOSTOLI VIVIRÁ O SEU ENCONTRO NÚMERO 100 NA PRIMEIRA DIVISIÓN ANTE O MOVISTAR INTER.
A vila de Noia vibrará esta fin de semana co regreso da Primeira División. O Portus Apostoli…
PARTIDOS CLAVE NA TERCEIRA RFEF
A undécima xornada da Terceira RFEF preséntase con dous grandes retos para Boiro e Noia. Os de…
E NA PRIMEIRA FUTGAL O OBXECTIVO TAMÉN É GAÑAR.
Nova xornada, nova oportunidade de ascender na táboa na Primeira Futgal. Os equipos da comarca…
DANIEL VARELA REINOU NA SEGUNDA PROBA DO CIRCUÍTO BARBANZA AROUSA DE GOLF
Esta fin de semana o campo de Moimenta volveu a respirar golf. O lugar acolleu a segunda proba…
O ROTOGAL RECIBE A VISITA DO GALDAKAO LOGO DE SUFRIR A SÚA PRIMEIRA DERROTA DA TEMPORADA
O voleibol non se detén e esta fin de semana A Cachada vivirá a sétima xornada da Superliga 2.…




