2Boiro

Liberada unha muller en Boiro tras quedarlle unha man atrapada nun muíño

Os Bombeiros liberaron esta mañá a unha muller tras quedarlle a man atrapada nun muíño de moer fariña. Os feitos ocorreron esta mañá, sobre as 11:00 horas, no lugar de Enseño do concello coruñés de Boiro.
A esa hora, persoal sanitario solicitaba ao 112 Galicia medios para liberar a unha persoa cunha man atrapada no muíño que manipulaba.
Con estes datos, os profesionais do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertaron decontado aos membros do parque comarcal de Boiro que, unha vez liberada, foi trasladada polos servizos sanitarios do 061-Urxencias Sanitarias ao Hospital do Barbanza.
Os axentes da Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade tamén foron informados do suceso polo persoal do CIAE.

https://www.youtube.com/watch?v=qUtkGpWRBn0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.