Ribeira

Os populares de Riveira homenaxearán aos seus interventores e apoderados falecidos nos últimos anos nun brindis navideño

O Partido Popular de Riveira vai celebrar este venres 29 de decembro un acto de homenaxe aos seus interventores, apoderados, concelleiros e alcaldes falecidos dende as pasadas eleccións municipais. Este tributo a título póstumo terá lugar na Casa do Mar de Santa Uxía de Riveira durante o seu Brindis Navideño que arrancará ás 20.30 horas.

O acto contará coa presenza e intervención de Manuel Ruiz e de José Luis Torres Colomer, estando previsto tamén que acuda o secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado.

Trece serán as persoas obxecto desta homenaxe para agradecer o seu traballo pola familia popular. Entre elas, o ex alcalde Ricardo Pérez Queiruga; ademais de Manuel Dieste Mos, José María Rivas Colomer, José Santos Rego, María Teresa Lema Ageitos, Víctor Redondo Fernández, Miguel Blanco Callón, Salvador Crujeiras, Manuel Martínez Pardavila, Juan Estévez Sevilla, Manuel Dios, Cipriano Argibay Ayaso e José Pérez Sánchez.

https://www.youtube.com/watch?v=RMcTeQIYgnY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.