Escolares de toda arousa pasáronse o balón nun acto contra o narcotráfico

Boiro acolleu na mañá de hoxe a cuarta edición do torneo Intercidades Panos Brancos contra a droga, organizado pola Fundación Galega contra o narcotráfico. Esta iniciativa
na que participaron escolares de toda a Arousa pretende fomentar os valores deportivos e os estilos de vida saudables como prevención do consumo de drogas.
Por cuarto ano consecutivo, a Fundación Galega contra o Narcotráfico organiza o Torneo Panos Brancos que nesta edición recalou en Boiro.
No día de hoxe escolares das dúas marxes da ría participaron en dúas competicións: a de fútbol, que se levou a cabo no campo de Vista Alegre e a de baloncesto no pavillón da Cachada.
Este encontro deportivo enmárcase no proxecto Panos Brancos que a fundación puxo en marcha xa hai máis de quince anos. Trátase dun proxecto global no que, ademais da loita contra o narcotráfico, preténdese previr condutas de consumo e abuso de drogas. Así, o torneo intercidades é só un paso máis no labor que se desenvolve durante todo o ano en colaboración cos centros educativos, a administración e as forzas de seguridade.

http://youtu.be/YTlB6IBpc0k

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.