Rianxo

Rianxo viviu hoxe un momento que pasará á historia ao asinar O primeiro convenio regulador que beneficiará a traballadores e empresas

Tal e como recoñecer o presidente do Comité de empresa, Ramón Villanustre, o día de hoxe será histórico para o concello de Rianxo.

Diferentes integrantes do comité de empresa así como dos diferentes sindicatos acompañaron hoce ao alcalde na mesa de negociación do concello para asinar un convenio colectivo e un acordo regulador co fin de garantir os dereitos e deberes dos traballadores, e das labores do concello e outras administracións.

Tal e como asegurou o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, trátase dun día importante parea os rianxeiros pois o asenamento das cláusulas pon fin a un longo traxecto de funcionamento que se levou a cabo durante meses. Adolfo tamén lembrou a Carlos Gey, tenente alcalde que faleceu de forma repentina a semana pasada, asegurou que a súa axuda foi moi importante para poder levar a cabo este acordo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.