O pleno municipal de Lousame aprobou definitivamente a modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), que reduce os gravames para rústica e urbana e establece novas bonificacións para familias numerosas e inmobles onde se desenvolvan actividades agrarias ou gandeiras pertencentes ao sector primario.
A medida foi aprobada tras rexeitar, nunha sesión extraordinaria e urxente, a única alegación ao proxecto presentada polo PSOE de Lousame. Unha aprobación que contou cos 5 votos a favor do PP e as 3 abstencións do PSOE, xa que nin o concelleiro do BNG nin o do Partido da Terra asistiron á sesión.