Os controis previstos non só se realizarán pola noite, senón tamén en horarios diúrnos e máis próximos á finalización das comidas; xa que como en anos anteriores por estas datas son habituais as ceas do Nadal de empresa e amigos nas que se celebran as Festas Do Nadal e de fin de ano. Aumento do tempo de reacción, problemas de visión, incremento da somnolencia, perda de control, falsa euforia, excitabilidad ou problemas de coordinación son só algúns dos efectos que provoca a inxesta de alcol na condución, chegando a multiplicar por nove o risco de accidente. Igualmente recoméndase non conducir o vehículo en estado de cansazo xa que este último pode chegar a ter consecuencias e síntomas iguais ou moi parecidos á inxesta de alcol/drogas. Tamén se recomenda a revisión dos órganos vitais do vehículo do mesmo xeito que os pneumáticos evitando circular con eles lisos, taqueados, duros ou caducados segundo as recomendacións do fabricante e con maior motivo nesta época en que o estado da calzada pode presentar dificultades en varios puntos das mesmas, por condicións meteorolóxicas adversas; choiva, neve, xeo e/ou tramos sombríos que conservan o xeo durante todo o día ao non darlle o Sol