Boiro

Jealsa Rianxeira pecha o 2017 con cifras récord de facturación

Jealsa pecha o 2017 con crecemento en todas as súas divisións, o que levará á empresa boirense a superar os 600 millóns de euros de facturación. Unha cifra histórica, como manifestou o seu presidente, Jesús M. Alonso Escurís, na tradicional festa de Nadal que a Familia Alonso Escuris celebra con todos os traballadores das diferentes empresas da firma. Segundo explicou o presidente do Grupo conserveiro, medraron todas as unidades de negocio e como consecuencia desa boa marcha da compañía, tamén o emprego se incrementou con 100 persoas máis que en exercicio anterior.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.