Orzamentada en 68.304,38 euros, IVE incluído, e cun prazo de execución de catro meses, a actuación pretende poñer coto a un servizo de saneamento na zona que actualmente é deficitario e rexistra avarías frecuentes, así como repoñer un pavimento bastante deteriorado. Por outra parte, a zona carece de rede de pluviais.
Para a recollida de pluviais instalaranse tres colectores de PVC corrugado de 250 milímetros de diámetro con lonxitudes de 95, 32 e 50 metros ata sumar un total de 177, ademais de 9 arquetas sumidoiro, 7 pozos de rexistro e 9 acometidas domiciliarias. As canalizacións entroncarán coa rede municipal existente.
En canto ao saneamento, vanse colocar tres tubaxes de PVC compacto de 250 milímetros de diámetro con lonxitudes de 95, 41 e 45 metros (total, 181 metros), así como 8 pozos de rexistro e 9 acometidas. Tamén se conectarán á rede municipal.
Despois se pavimentará a zona de actuación (un total de 688 metros cadrados) con pavimento de formigón ao que se lle intercalarán franxas de adoquín de formigón.
A licitación deste proxecto aprobado hoxe terá lugar a principios do ano entrante.
https://www.youtube.com/watch?v=kB0Cqxaje30