O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, certificou hoxe o compromiso coas renovables despois de que o Consello da Xunta aprobase hoxe a declaración de interese especial para 18 proxectos de parques eólicos e 14 infraestruturas de evacuación, correspondentes aos primeiros 400 MW de enerxía eólica adxudicados nas poxas do Estado.
Esta declaración de interese especial é unha figura introducida pola Lei de implantación empresarial que permite reducir á metade os prazos de tramitación dos parques eólicos, así como blindar as garantías xurídicas e ambientais.
Os novos proxectos supoñen un investimento privado duns 450 millóns de euros e a creación de 6.000 empregos durante a construción dos parques e duns 80 para a súa explotación.
https://www.youtube.com/watch?v=B4SVPc2HXZY