As bonificacións da xunta permiten adxudicar solo industrial para mobilizar máis de 105 millóns e xerar 3.500 empregos

Logo da aprobación Axenda Industria 4.0, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, os resultados do primeiro mes da venda de solo industrial con prezos reducidos en Galicia, relativos ao concurso convocado en xaneiro, no que se presentaron un total de 68 ofertas, por un total de 90 parcelas, emprazadas en parques empresariais das catro provincias.

Nesta liña, Feijóo salientou que o resultado neste momento, segundo Xestur Galicia, é a adxudicación de 200.000 metros cadrados de solo en 75 parcelas, o que supón: superar as vendas totais de solo dos dous últimos anos (2013 e 2014), que acadaron tan só os 160.000 metros cadrados; e un importe de venda de sete millóns de euros, tras o desconto.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.