Tres persoas resultaron feridas esta mañá despois de chocar tres turismos que circulaban pola estrada que une San Roquiño e Portobravo en Lousame.
Ás 10:00 horas persoal do 061 e unha persoa particular poñía en alerta ao 112 Galicia do suceso. Segundo indicou o alertante, un dos turismos estaba envorcado na calzada pero os seus ocupantes estaban fora do vehículo. Resultaron feridas tres persoas, entre elas un menor.