Xunta de Galicia

Feijóo propón que as obras de ampliación da AP-9 non se volvan facer con cargo a peaxes senón a Presupostos do Estado

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, propuxo hoxe ao Goberno central que as obras de ampliación da AP-9 non se volvan facer con cargo a peaxes senón con cargo a presupostos do Estado, referíndose ao enlace orbital de Santiago, así como á mellora da entrada desta autoestrada na cidade da Coruña e na cidade de Vigo.

Durante a presentación da nova estación intermodal da capital de Galicia , xunto co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, Feijóo sostivo que é moi difícil explicar que se poida rebaixar un 50% os traxectos de ida e volta entre Pontevedra e Vigo “e que, porén, non teña ningún tipo de bonificación unha peaxe como a de Redondela, que é a máis próxima a Vigo”. E trasladou ao ministro a disposición de que na comisión mixta se estude a posibilidade de que esta peaxe se bonifique ou se suprima de acordo cunha política de peaxes baseada na totalidade, do mesmo xeito que se fixo en Rande ou na Barcala.
Nesta liña, lembrou que a comisión, creada hai un ano, permitiu pórlle fin en pouco tempo a unha situación gravosa que Galicia arrastraba desde 2006: a obriga de financiar con sete millóns de euros anuais as subvencións das peaxes de Rande e A Barcala que se aplicaban nesta autoestrada estatal. E, desta forma, liberar a todos os galegos da obriga de destinar a ese fin 400 millóns de euros ata o remate da concesión.

https://www.youtube.com/watch?v=DgzHDkVAvPM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.