O Concello informa da entrada en funcionamento dun novo aparcamento público gratuíto na cidade de Santa Uxía. En concreto, emprázase na rúa Agustín Fernández Oujo, situada entre a rúa da Barreira e a rúa Cordieiro, moi preto tanto da avenida Miguel Rodríguez Bautista como da rúa Galicia.
A finca conta cunha superficie superior aos 800 metros cadrados e ten capacidade para albergar uns 30 vehículos nun entorno que rexistra unha alta demanda de estacionamento. Operarios da brigada de obras estiveron acondicionándoa o espazo despois de que o Concello alcanzase un acordo de cesión do mesmo coa entidade titular: acordo que ten unha duración mínima de dous anos renovable anualmente previo acordo das partes, sempre a expensas de que a propietaria da finca non decida facer uso dela para urbanizala.
O aparcadoiro en Agustín Fernández Oujo súmase a outras áreas de aparcamento gratuítas localizadas no barrio de Abesadas, no Monumento e en Coroso.
https://www.youtube.com/watch?v=oVVnErkoKqA