O Concello de Riveira informa da adxudicación dunha nova actuación dirixida a ampliar a rede de saneamento no lugar da Eirexa, pertencente á parroquia de Olveira.
Valorada en 5.626,50 euros, IVE incluído, as obras que se van desenvolver teñen por obxecto instalar un colector para poder dar servizo de saneamento aos veciños do entorno, xa que actualmente carecen desta infraestrutura municipal. Así e logo, colocarase unha tubaxe de PVC liso de 70 metros de longo e 250 milímetros de diámetro que será conectada á rede existente. Tamén se disporán tres pozos de rexistro circular.
A actuación será executada pola empresa Excavaciones Nima, S.L..