O auditorio da Casa da Cultura do Concello de Lousame quedou pequeno esta mañá durante a Homenaxe ás Persoas Voluntarias de Lousame. Un acto presidido pola alcaldesa Teresa Villaverde, xunto a José Manuel Outeiral, técnico de Xuventude e Voluntariado; e Borja Rubio Somoza, técnico especialista en programas de xuventude. Un acto que serviu para homenaxear a todas as persoas voluntarias do municipio, máis de cincuenta pero das que só estaban 25 presentes na sala pois, como explicou a propia alcaldesa, “os de Protección Civil tiveron que saír axudar a un veciño que lle quedou o coche atascado na entrada á súa finca”.
https://www.youtube.com/watch?v=Qn1MSLPBcvQ