As viaxes curtas de arriva tamén chegarán á pobra do caramiñal

O director xeral de Arriva Noroeste, Juan Gómez Piña, acudiu na mañá de hoxe ao Consistorio da Pobra do Caramiñal para expoñerlle ao alcalde, Isaac Maceiras, un programa de melloras que esta compañía de transporte ten previsto realizar nas liñas de autobuses Ribeira-Pobra-Boiro-Santiago das que é adxudicataria.

Gómez Piña xa estivo onte no concello de Ribeira co fin de presentar este plan de actuación. E estará hoxe ao remate da mañá tamén en Rianxo.

O director xeral da empresa Arriva informou ao alcalde de que se fixo unha enquisa sobre 500 usuarios na que se reflectiu a demanda dun servizo máis directo entre as cidades barbanza e compostelá, así como a posibilidade de establecer enlaces con outras redes de transporte.

Sobre a base deste estudo, Arriva planea recortar os tempos de recorrido en 45 minutos nalgunhas liñas regulares, de tal xeito que das dúas horas actuais se pase a 75 minutos. Isto realizaríase habilitando unicamente dúas paradas intermedias, na Pobra e Boiro, para despois circular por autovía ou autopista cara Santiago.

O alcalde da Pobra deu moi boa acollida á súa preposición e asegurou que vai ser un cambio moi importante para o concello.

http://youtu.be/qZpMyZjEObQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.