Despois de que onte se celebrara ca nasa consistorial a presentación da I Gala do Surf no Barbanza prevista inicialmente para o sábado 28 de febreiro do 2015 no concello de Porto do Son, ás 12.00 horas desta mañá a web da federación informou de que finalmente queda aprazada, por motivos meteorológicos. Segundo información facilitada pola Federación Galega de Surf e o Clube Arealonga Surf Club, a gala celebrarase o vindeiro sábado día 7 de marzo.
http://youtu.be/pH0ZITQ97QA