O Vicepresidente Da Xunta Destaca Que A Lei De Financiamento De Partidos Prohibe As Doazóns E Regula As Fundacións Vinculadas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou a aprobación no Consello da lei que reforma o financiamento dos partidos políticos galegos, que prohibe as doazóns e regula as fundacións vinculadas. Como lembrou, hai case dous anos que desde o Goberno galego se vén defendendo a necesidade aprobar unha norma deste calibre. De feito, Rueda indicou que o propio presidente comprometeu a súa aprobación no último Debate de Política Xeral no Parlamento galego.

Con respecto a isto, o vicepresidente lembrou que a redacción deste proxecto foi encargada ao Consello Consultivo de Galicia por encargo do Consello da Xunta e agora será remitido ao Parlamento para a súa tramitación.

Por outra banda o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe a aprobación por parte do Consello da Xunta do Plan de transporte metropolitano de Vigo, que prevé un investimento de 11 millóns de euros en catro anos, con aforros dun 50 por cento para os usuarios. Segundo precisou, este plan incorpora a doce concellos da área metropolitana de Vigo: Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior.

Como peculiaridade respecto a outros plans de transporte metropolitano xa aprobados en Galicia, Rueda precisou que o aprobado hoxe inclúe distintos modos de transporte como o autobús ou o barco, fomentando así a intermodalidade. E, no tocante ao investimento, subliñou que a Xunta incrementou a partida para os diferentes plans metropolitanos de transporte nun 42,5 por cento respecto ao ano anterior. Así, só no caso de Vigo está previsto un investimento de 11 millóns de euros nos vindeiros catro anos, dos que 9,2 millóns -o 80% do total- son aportados pola Xunta, ademais de asumir tamén a totalidade dos transbordos, a bonificación por recorrencia e os descontos para familias numerosas.

http://youtu.be/N4aBgO8YD04

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.