A asociación de consumidores conscientes e ecolóxicos “A Morangueira” organiza od vindeiros días 20, 21 e 22 un programa no que se inclue unha conferencia e un curso informativo sobre os beneficios da auga de mar. Durante esta fin de semana os asistentes van poder contar coa intervención dos grandes expertos actuais en alimentación mariña, como son Francisco Sánchez, presidente de Aquaris ou Mariano Arnal, autor do libro “Como beber agua de mar”.
Contarán tamén coa presenza de Miguel Celades, xornalista de investigación e denuncia especializado en enerxías libres, alimentación, ciencia e consciencia.
http://youtu.be/U4iU8_6M0C0