A Competencia Desleal Procedente De Filipinas Pon En Perigo Miles De Postos De Traballos Na Industria Da Conserva Do Barbanza

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, explicou o pasado día 4 de febreiro que os populares galegos promoverán un acordo no Parlamento de Galicia no que se lle demanda á Unión Europea unha mellor defensa dos intereses do sector conserveiro e pesqueiro galego.

Máis en concreto, os populares, someterán a debate e aprobación da Comisión de Pesca e Marisqueo, unha iniciativa na que censuran que a Unión Europea sexa acorde a supresión dos aranceis que pesan sobre os produtos de Filipinas, sen ter en conta a competencia desleal que estes poden xerar en detrimento da produción conserveira galega e europea.

Esta mesma maña o conselleiro de insdustria e economía tamén quixo expresar a vontada do goberno galego para impulsar a industria nacional. Asegura que se trata da industria conerveira máis forte do mundo e que, a pesar da competencia desleal procedente de Filipinas, a industria galega debe seguir sendo forte e traballando como ata o de agora.

http://youtu.be/D-6VY2LN4Nk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.