Dende esta mañá a Pobra do Caramiñal xa conta co novo candidato á alcaldía polo partido Popular. Chámase Manuel Durán e, tal e como asegurou esta mañá foi unha decisión moi complicada pero finalmente afirmou que levará a súa candidatura con moita ilusión e expectación.
Nos últimos meses foi unha gran incognita para a comarca o Nome de quen ocuparia o posto de novo candidato á alcaldia polo partido popular na pobra. Moitos pensaban que Isaac Maceiras iba repetir unha vez máis pero, dende esta mañá xa se despexaron as dúbidas nun acto que tivo lugar no Instituto Social da Mariña e ao que acudiron o presidnete provincial, Carlos Ngreira e o secretario provincial, Diego Calvo. O actual alcalde Isaac Maceiras, tamén acompañou ao novo candidato na súa presentación. Todos os concelleiros e decenas de veciños e veciñas pobrenses entre os que se encontraba o presidnete de honra Alvaro Vieitez quixeron asistir á cremonia.
Manuel Duran comezou explicando os logros que o actual alcalde conseguiu durante a súa legislatura e explicou que para el foi unha decisión moi complexa peo que o vai levar con moitas ganas e coa elaboración dun programana moi comprometido.