Feijóo Presidiu A Toma De Posesión Dos Novos Concelleiros De Facenda E De Cultura, Educación E Ordenación Universitaria

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o traballo, dedicación e compromiso dos novos conselleiros: Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda, e Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para seguir mellorando social e economicamente Galicia.

Durante a toma de posesión dos novos membros do Goberno, Feijóo aseverou que o novo conselleiro de Facenda reúne non só a preparación senón tamén o espírito necesario para afrontar o que resta de lexislatura, con retos tan importantes como a actualización e aprobación do Plan estratéxico da economía galega 2015-2020, a execución dos fondos europeos ou a necesidade de seguir orientando os recursos públicos cara á recuperación económica.

Así mesmo, destacou a humanidade e honestidade de Valeriano Martínez.
No tocante a Román Rodríguez, afirmou que a traxectoria do novo conselleiro de Cultura e Educación lle servirá para trasladar á Cámara o maior consenso posible nunha área tan sensible e para xestionala coa cercanía que caracteriza o municipalismo.

http://youtu.be/ar_O2QFrlYo

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.