Todo esta preparado en Ribeira para principiar a celebración do Entroido, con máis dunha vintena de actividades que servirán para conmemorar unha das festas máis aclamadas polos veciños do municipio.
A concelleira de Cultura, Elvira Pisos, e Isabel Lapido no nome da Asociación de Empresarios, foron os encargados de pormenorizar o calendario de eventos, que arranca hoxe mesmo co tradicional obradoiro de cociña e repostería de Entroido.
Nos próximos días sucederanse todo tipo de iniciativas, como espectáculos de animación de rúas, choqueirada infantil, un baile dos maiores en Corrubedo, a festa da noite de Entroido, o Festival de Murgas e Comparsas ou o Enterro do Felipe.
Dende a concellería de cultura fixeron fincapé en lembrar aos cidadáns que este ano vai haber unha pequena variación no percorrido das comparas o martes día 17, esta vez van sair da caroa e non do audotorio como era de costume. Tamén o mércores 18, o día do enterro do felipe cabe indicar que sairá dende o palco de pedra do malecón.
Tamén hai que destacar as distintas actividades promovidas pola hostalería: concurso de decoración de locais, un concurso de disfraces, actuacións musicais, obradoiros de maquillaxe, unha ruta de tapas do Pequeno Entroido e, para finalizar o martes 24 de febreiro, a súa gala anual solidaria.
http://youtu.be/qHrcU–YAUU