A Xunta Aproba A Estratexia De Internacionalización Co Obxectivo De Incrementar O Volume De Exportacións E O Investimento Estranxeiro Nun 25% Ata 2020

Tal e como adiantou esta semana, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe a aprobación da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020. Como detallou, o texto é froito das negociacións e do diálogo cos axentes económicos e sociais. Neste senso, indicou que se aceptaron cen achegas das distintas empresas e sectores que se incorporaron ao documento final que hoxe se aprobou.

Logo de coñecerse o balance do Plan Integral de Turismo de Galicia, presentado onte na sesión do Consello Galego de Turismo, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, elevou hoxe os obxectivos do Plan de Turismo para os vindeiros dous anos. “Lonxe de darnos por satisfeitos co acadado, imos dar un paso máis e reformular á alza os obxectivos de viaxeiros nacionais e internacionais para os anos 2015 e 2016”, incidiu o presidente.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tamén avanzou hoxe, en materia de Función Pública, cales serán as ofertas de emprego público para este ano 2015 das consellerías de Facenda, Sanidade e Educación; unha convocatoria de emprego público que con 1.163 novas prazas este ano -precisou- vai multiplicar por catro as ofertadas respecto a 2014, e será “a maior oferta de emprego público desde o ano 2009”.

http://youtu.be/YwV9eU3jBy0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.