O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inaugurou esta mañá o Encontro de Directivos 100 consellos para o 2015. No Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia
Feijóo anunciou que o Consello da Xunta aprobará mañá a Estratexia de Internacinalización 2015-2020, que aumenta un 25% os fondos públicos para a expansión internacional das empresas galegas. Precisou, ademáis, que esta iniciativa, elaborada grazas ao diálogo cos axentes económicos, contará cun investimento de 50 millóns entre 2015-2016 “para axudar ás empresas a exportar e internacionalizarse e acreditar así a competitividade da economía de Galicia”. Feijó salientou tamén o apoio da Xunta a aquelas empresas que queiran especializarse, modernizarse e mellorar a súa competitividade, a través da Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 e do Plan Industria 4.0.
O presidente galego aproveitou para enviar unha unha mensaxe de confianza en Galicia: “Galicia é unha terra acolledora para as iniciativas empresariais, unha economía cuxas expectativas son razoablemente optimistas, e Galicia conta cunhas institucións que garanten a estabilidade”.
Saúdos.
http://youtu.be/iaujQi2AeeE