viernes, septiembre 29, 2023

Os Socialistas De Boiro Atacan Ao Goberno Local Por Desatender A Unha Familia En Perigo De Exclusión Social

Os socialistas de Boiro denuncian que arredor de 40 familias do concello teñen grandes problemas para cubrir as necesidades básicas e que a apertura dun comedor social non está en mente do alcalde polo de agora. O PSOE denunciou unha vez máis a mala xestión do goberno local, esta vez baseada na desatención dende o departamento de Servizos Sociais do concello.
Concretamente Maneiro quixo destacar a situación dunha familia do lugar de Sandrenzo, na parroquia de Cespón á que se lle denegou unha axuda do goberno local. Trátase dunha familia formada por catro persoas, unha dela con discapacidade e serios problemas de epilepsia.
Maneiro asegura que para sair adiante non lles queda outra que pedir na praza de abastos ou botarse ás mans de Cáritas.

http://youtu.be/hSRUVGjctgU

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.