O PSOE de Boiro volve a denunciar unha vez máis a política que exerce o mandatario local esta vez debido ao deterioro do paseo marítimo de Carragueiros. Piden ó executivo local que acometa unha serie de actuacións de mantemento para repoñer as pezas deterioradas e evitar o risco de accidentes.
Non é a primeira vez que os socialistas de Boiro denuncian a falla de mantemento de servizos ou infraestruturas municipais. Esta vez tocoulle a quenda ó paseo marítimo de Carragueiros que presenta unha serie de deficiencias.
Ademais da acumulación de maleza, o PSOE incide no deterioro do pavimento que pode supoñer un risco de accidente para os peóns que a miúdo transitan pola zona. Dende o PSOE demandan un mellor mantemento desta e doutras infraestruturas que supoñen un importante foco de atracción de visitantes como dinamizador turísitico.
Din os socialistas que o concello non pode escusarse na priorización do gasto posto que se trata de actuacións de mantemento que non suporían un custo elevado.