Despedida entre bágoas dos edís do BNG de Boiro.
Día de renuncias no Pleno de Boiro, onde renunciaban ó cargo de concelleiro o edil d PSOE Jorge Campaña, que non estivo presente no momento da renuncia, e tres edís do BNG, Dores Torrado, Xoán León, e Xosé Rios. Trala lectura da acta de renuncia por parte do secretario tomaba a palabra Xoán León no seu nome e no dos seus compañeiros de filas.
Aproveitou tamén para xustificar a decisión diante dos cidadáns, destacando que seguirán apoiándoos cando así llo reclamen.
Calurosas palabras recibiron por parte dos membros da corporación.
Pero sen dúbida as palabras que quedarán para a memoria foron as de Xosé Deira, compañeiro de filas durante anos, que apoándose na Ilíada e da Odisea de Homero expresou o seu sentir nesta ruptura, un discurso impregnado de sentimentos que so cortaron as bágoas.
Rematou cun símil das viaxes de Ulises reclamando a unión no BNG para loitar polo país.
Entre aplausos foron despedidos dores torrado, xoan león, e xoan ríos.
http://youtu.be/800TL7ke7QQ