O Boiro perde ante o Arandina despedíndose da Copa Federación

O Boiro despediuse onte da Copa Federación tras caer ante o Arandina en octavos de final. O partido desputado no campo de Vista Alegre remataba co resultado de 1-2 favorable ós visitantes. Foi un partido moi desputado onde os boirenses fixeron moi bo xogo, malia que este non se veu reflexado nos resultado. Houbo numerosas ocasións de gol para ambos equipos dende o comezo do encontro,
O primeiro gol do partido chegaba no minuto 17 cando o Arandina sacaba unha falta , recollia Seoane que lanzaba ó centro da portería. e no minuto 20 un centro de Zuazu que recollía David Álvarez propiciaba o segundo gol do partido deixando no marcador o resltado de 0 a 2 favorable o Arandina co que marchaban o descanso..
Non sería ata o minuto 80 cando o Boiro lograba anotar o primeiro tanto, cun gol de Rubén dentro del área, mais xa non deu tempo a lograr o empate.
Uns 300 afeccionados presenciaron o encontró no municipal de Vista Alegre nunha fría tarde de inverno.

http://youtu.be/bQQt07z2nLY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.