Sin categoría

O Concello De Porto Do Son Pon En Marcha A Rede Electrónica

O Concello de Porto do Son, pon a disposición dos cidadáns un novo servicio consistente na sede electrónica municipal, á que se pode acceder a través da páxina web do concello . Segundo explicou a concelleira María Maneiro o principal obxectivo que perseguin con este servicio é, en primeiro lugar, acercar a administración ó interesado e facela máis accesible, e en segundo lugar, facilitar a todas aquelas persoas que necesiten realizar calquera tipo de trámite no concello que o poidan facer cómodamente e de forma inmediata (desde os seus domicilios, a calquera hora e sen esperar colas), pero tamén coa total seguridade de que están empregando un mecanismo de comunicación telemática totalmente seguro entre o cidadán e o concello.
Este servicio se pon a disposición gracias á colaboración da deputación provincial da coruña e a través del e mediante a identificación con dni electrónico ou certificado dixital, o usuario poderá realizar múltiples trámites como:
– presentación por vía electrónica de docomentos no rexistro xeral do concello
– presentación de solicitudes e instancias
– acceder á publicación oficial de anuncios e acordos do concello
– presentar queixas e suxerencias.
dende o concello xa estan traballando na implantación de máis medidas neste sentido como:
– A posta en marcha dunha pasarela de pago seguro que permita o pago telemático de impostos e taxas.
– A implantación dunha aplicación para a xestión electrónica de expedientes que permita a plena sustitución do papel nos procedementos administrativos.
– O establecemento de mecanismos de comunicación segura para que os interesados poidan acceder aos seus expedientes telemáticamente.

Salir de la versión móvil