Gardacostas E A Policía Autonómica Identifican A 36 Persoas E Requisan 25 Quilos De Ameixa E 10 Aparellos Nun Operativo Na Zona Norte Da Ría De Arousa

Axentes do servizo de Gardacostas, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, en colaboración coa Policía Autonómica, realizaron un operativo contra o furtivismo na zona norte da Ría de Arousa, concretamente nas zonas da Graña, A Retorta, Boca do Río, Raposiños, Bodión e Cacho.
Na actuación, os inspectores identificaron a 36 furtivos que estaban faenando de xeito ilegal e levantáronlle as correspondentes actas. Tamén comisaron máis de 25 quilos de ameixa fina e 10 rastrelos.
A Xunta lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso fai un chamamento ao consumidor para que non compre produto fóra dos cauces legais de comercialización.

http://youtu.be/ClqLcXVR318

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.